Sunday 19 de May de 2024

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane


O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron nas aulas e nos grupos de traballo durante este curso. Houbo proxectos artísticos, químicos, matemáticos, botánicos, de enxeñería… que os propios nenos e nenas explicaron ás familias.

O Concello de Oleiros felicita á dirección do centro e a todo o profesorado pola súa especial dedicación e traballo para facer posible esta actividade tan enriquecedora para a educación dos nenos e nenas do colexio.

Deja un comentario